Así titula Paula Cermeño a entrevista que introduce o terceiro librode Benigno Campos: Volve a cociña de Larpeiros, a nova entrega dosmáis popular e seguido dos cociñeiros galegos, responsable dun éxitoeditorial sen precedentes no mercado editorial galego. Volve a cociñade Larpeiros con máis de 120 novas receitas, receitas da cociñatradicional de Galicia, receitas das nosas nais e avoas. Pratos que,como di Benigno Campos, tamén serven para moito máis que comer, poisson unha "oportunidade de falar, de encontrarse". Con este terceirolibro, as lectoras e lectores de bo padal poderían, sumando asreceitas dos dous libros anteriores (A cociña de Larpeiros e Novasreceitas da cociña de Larpeiros), dispor de pratos para todos os díasdo ano sen ter en ningún momento unha sensación de rutina. A amplísima variedade de produtos e xeitos de preparalos completan unextraordinario catálogo gastronómico. Na cociña, a suma deingredientes non dá sempre o mesmo resultado. Algo misterioso ocorrenas cazolas para que o mesmo prato non saiba igual aínda que dúaspersoas dean os mesmos pasos na súa preparación. Ese misterio é a"man" de cada cociñeira e de cada cociñeiro. E nesta nova entrega oautor revélanos 30 segredos da súa "man" para que os seus seguidorespoidan achegarse ao saboroso resultado que logra Benigno Campos coassúas preparacións. Eses pequenos, mais imprescindibles consellos quedan o punto final a cada prato. Os larpeiros están en boa hora!Con 30segredos do cociñeiro