A COCIÑA DE LARPEIROS

A COCIÑA DE LARPEIROS

150 RECEITAS

$39.093
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(049) GALAXIA
Año de edición:
Temática
Cocina
ISBN:
978-84-9865-202-4
Páginas:
180
Encuadernación:
Cartoné
Idioma:
GALEGO
Dimensiones:
200x170
$39.093
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da queparte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, daTelevisión de Galicia, propón un percorrido saboroso pola cociñagalega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achegapersoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viñoaxeitado para os acompañar. O libro vai precedido dun limiar doescritor Xosé Cermeño e ponlle cabo o epílogo do xornalista TomásAlonso. O saber culinario de Benigno Campos Melón vénlle de Chapela, o barrio que une Vigo con Redondela, ao pé da ría, onde medrou entre os sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, eonde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunhapraia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras deleitugas e patacas. Logo, Benigno Campos acabou de facerse no Vigofabril e sindicalista: traballou mirando ao mar para o que miran osestaleiros, as conserveiras, os naseiros, as redeiras, os bateeiros,as mariscadoras. Tal como afirma Xosé Cermeño no prólogo do libro, "Os receitarios son comunmente lembrados polo nome dos seus autores, máis que polo seu título. Falamos do Picadillo, ou do Simone Ortega, ou do Escoffier. Seguramente falaremos no futuro deste libro como oBenigno, o receitario que compilou unha cociña popular, apegada áterra e á memoria". Un libro de receitas que é útil á vez quegorentoso, que pola súa utilidade aproveita para cociñar e taménaproveita ao padal. O mester da cociña, amais de innovar eexperimentar, cómpre que conserve os sabores, texturas e recendos queconstitúen a base da memoria gastronómica galega. A que fai lembraraqueles guisos sólidos, cabais, condimentados con fidelidade aossabores da infancia e do país. Por esa razón, A cociña de Larpeiros éun libro honesto, no que a cociña propia de Galicia se arrequenta coadoutras tradicións foráneas.Velaquí unha selección de receitas que Benigno Campos nos presentatentando cubrir a demanda dun gran número de seguidores do programa da Televisión de Galicia, "Larpeiros".

Otros libros del autor