Luz extinta é o título do libro que lle valeu ao escritor XavierRodríguez Baixeras a XXX edición do Premio de Poesía Cidade deOurense. O xurado destacou a precisión formal na construción dopoema, que mantén unha tensión elexíaca e leva a lingua a unhadecantación extrema.
Rodríguez Baixeras constrúe un novo libroarredor da memoria e a experiencia vital, un discurso lírico queprocura en todo momento a emoción da persoa lectora.