Deserto diamantino é a obra gañadora do VIII Premio de PoesíaCaixanova. A obra asombra polo seu brillo formal e material -o que hai de escultórico e físico na poesía- e polo seu brillo simbólico,espello este que se tinxe de abismo existencial e dos planospalpitantes da memoria.
A obra inspírase na rexión natural daChapada Diamantina, no estado brasileiro da Bahia, terra rica en augas portentosas, antano diamantíferas. Esta nova entrega poética gravitaen espiral e ascendente ton reflexivo arredor dos accidentesexistenciais do tempo pasado, contemplando este tempo dende aintensidade emotiva do presente, dende o espazo vivido e sentido polopoeta nunha actualidade que se converte en linguaxe poética pura.