A novela desenvólvese no Londres da posguerra, logo de que a cidadesufrira os bombardeos dos avións alemáns, e conta os acontecementos eos sentimentos que van unir os destinos de catro mozos que intentansuperar a memoria das privacións e os sufrimentos padecidos. Con ela,a Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que Galaxia publica coacolaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, chegaó seu número 19 e inclúe no seu catálogo unha das autoras máispremiadas entre as escritoras inglesas das últimas xeracións. A novela de Sarah Waters pescuda nas raíces da vida de catro personaxes que,no Londres de 1947, sofren as consecuencias da guerra. A novelapersegue o fantasma do pasado que obsesiona a Helen e que faiesmorecer a relación prohibida que mantén con Julia, unha autora deéxito a quen coñeceu durante a guerra. Indaga nas razóns polas queKay, unha heroína dos bombardeos, vaga inconsolable polas rúas dacidade ou na historia de Viv, unha muller nova e engaioladora que nonconsegue abandonar o seu amante, antigo soldado casado e cabeza defamilia. En A rolda nocturna, Sarah Waters destila pouco e pouco osacontecementos e os sentimentos para descubrir o segredo que agochan.Recúa no decurso das vidas dos seus personaxes ata chegar aos mesesarrepiantes dos bombardeos alemáns sobre Londres. ¿Que é o querealmente une o destino da xente? A escritora consegue mergullarlectores e lectoras nun xogo de pistas palpitante, inzado dereviravoltas estrañas e complicidades inesperadas que as consecuencias da guerra non fan máis que agudizar.Premio Novela Europea Casino de Santiago 2008