Neste libro de poemas, antoloxía da produción lírica de Xesús AlonsoMontero desde 1963 ata 2016, o autor exerce de «fistor», de «vatepopular», pero elevando a poesía bebedora das fontes do cancioneiropopular de tradición oral á condición de literatura culta. As súascomposicións, de temática variada, como o propio título indica, estánescritas «desde a concepción que as clases subalternas teñen dascousas e da sociedade».
Versos antifascistas, versos contra a corrupción, o capitalismo e amonarquía, versos sobre lingua e literatura, versos de amizade eagradecemento, versos de homenaxe a republicanos exemplares, loas aoviño, á música e á rexouba, cántigas e cantigas... Todo isto e moitomáis atoparemos nesta agardada compilación dos poemas de Xesús AlonsoMontero, fistor letrado que, cando o ve necesario, utiliza con mestría o «alferrón cuestionador».