En Toda a vida, seguimos a historia de Mar Deus e Telmo Andrade, unhaparella de vellos amantes que sosteñen o seu amor sobre a traizón, naatmosfera moral dun tempo de posguerra que conspira contra a entregafísica, aínda que non pode evitar que se dean a alma desde o seuprimeiro encontro. A fin, a súa firmeza ao longo de cinco décadasacaba redimíndoos na plenitude do derradeiro ano das súas vidas. Estas páxinas seguen, tamén, a relación probable, e á vez incerta, deCamilo Dubra e Caetana Nariga, unha parella de mozos de hoxe, paraeles, que si poden gozarse, a proba á que os somete o seu tempo é a do descompromiso, que parece unha enfermidade sen cura. Unha novelaextraordinaria que propón unha travesía emocionante entre osterritorios do amor e do desamor na procura dunha luz non convocada.Unha grande obra de madurez que confirma, indiscutiblemente, a LuísRei Núñez como un dos novelistas maiores do noso tempo.