A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os hábitosaprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes aeliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir osbeneficios tanto na túa existencia como na da xente que te rodea.
Cuns sinxelos ingredientes e unha elaboración nada sofisticada podescociñar as estadas necesarias para cambiar as referencias que nostransmitiu a historia e que son incompatibles coa vida.Ingredientes: equidade, empatía, sororidade e disidencia.Elaboración: abrir as páxinas da novela, ler para divertirse,reflexionar sobre o seu contido e, antes de pechala, procurar que opouso non esvaeza.Non é necesario engadirlle prebe ningún. A retranca e o humor xa sonexcelentes condimentos. Úsaos ao gusto.Goza da lectura e, se che gusta, comparte esta receita na túa redesocial favorita!