LEANTE, LUIS / LEANTE CHACON, LUIS
O coche foi gañando velocidade e empezou unha aventura que nuncapensei que ía vivir con quince anos. Cando vas a cen quilómetros porhora dentro dun coche, paréceche que o que se move é o mundo de fóra e non ti. Pero, cando vas a cento vinte sen cristais porque alguén osescachou dun tiro, vas coma se te guindases en paracaídas desde aestratosfera e sen botellas de osíxeno. Non é vertixe, nin mareo, ninpánico, nin dor, é todo xunto multiplicado por mil. Non che saberíadicir a velocidade á que iamos, pero asegúroche que me pareceu queestabamos a piques de superar a barreira do son. O aire atravesaba ovehículo coma un furacán. Por un momento pensei que a forza dovendaval me ía sacar do asento e me ía guindar polo oco da fiestra deatrás. «Lembra, cando se foxe, non hai que mirar cara a atrás»,dixérame Héitor.