OLYMPIA RING, 1934

OLYMPIA RING, 1934

$36.165
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(049) GALAXIA
Año de edición:
Temática
Contemporanea
ISBN:
978-84-9865-544-5
Páginas:
308
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Dimensiones:
210x135
$36.165
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

O xornalista pontevedrés Sebastián Faraldo viaxa a Barcelona paraescribir sobre o combate polo título mundial de peso pluma. Estamos en 1934, con Cataluña sumida en plena euforia republicana enacionalista. O boxeador galego Manuel Ramírez Castro, alcumado oCamión, vai participar na mesma serie de veladas para intentar atoparo seu sitio no mundo das catro cordas. En Olympia Ring, 1934, XabierLópez López fai regresar ao carísmático xornalista, obeso esentimental, que lectoras e lectores coñecen da novela A vida que nosmata, coa que o seu autor obtivo o Premio García Barros en 2003.
Barcelona, outono de 1934. Mentres a cidade se recupera dasconsecuencias da frustrada proclamación do Estado catalán, osafeccionados ao boxeo prepáranse para presenciar o combate polo título mundial do peso pluma entre Josep Gironés e Freddie Miller. Na mesmaserie de veladas tamén vai participar o prometedor púxil galego Manuel Ramírez Castro, O Camión, desexoso de atopar un oco no mundo dascatro cordas. Ata alá viaxa Sebastián Faraldo, reconvertido encronista deportivo.
Ninguén pode sospeitar que a lona vai ser escenario dun sofisticadoasasinato.
Olympia ring, 1934 é unha novela que revitaliza o xénero negro aohibridalo coa novela histórica. A actualidade política da España de1934 e o ambiente do boxeo e dos baixos fondos -con antecedentesclaros na novela negra e no cinema norteamericanos- conflúen nunhaficción na que as referencias á cultura de masas comparten territoriocon chiscadelas humorísticas e un xeito sabio de dispoñer o materialnarrativo para engaiolar lectores intelixentes, que gusten de xogar co autor nesta pescuda da xustiza a través do tempo.

Otros libros del autor