QUINTIA, XERARDO / QUINTIA PEREZ, XERARDO
Publícase O viaxeiro radical, unha novela de Xerardo Quintiá na queeste poeta e narrador conta a historia dun home extraordinario que,encirrado pola busca do inalcanzable, decide vivir á marxe de calquera convencionalismo ou imposición, en permanente conflito consigo mesmoe coa sociedade. Unha obra de ficción que volve poñer de actualidadeos logros artísticos da primeira literatura moderna -da Nova Heloísade Rousseau ao Wilhelm Meister de Goethe- e os achados do pensamentoidealista do século XIX.
O viaxeiro radical é unha novela baseada na figura de ManfredGnädinger, artista alemán que en 1962 chegou á vila de Camelle despois dunha longa viaxe cruzando boa parte de Europa. Nese momento comeza a historia dun home extraordinario que, encirrado por un pulo deliberdade, decidiu vivir á marxe de calquera convencionalismo ouimposición, en permanente conflito cos que o rodeaban. Un artistaceibe e solitario, marxinal por convencemento e necesidade, quetransformou a súa propia existencia coa finalidade de que Vida e Artese fundisen ata formar un todo indisoluble.
A novela indaga nos aspectos que, en determinados momentos da vida doprotagonista, o empurraron a tomar decisións controvertidas, epretende achegarse á cerna do personaxe para comprender a razón da súa radicalidade existencial. Ao mesmo tempo, a ficción leva a quen le afacer unha reflexión sobre aspectos fundamentais que determinan aexistencia, tales como o amor, a amizade e a busca do sentido da vida.