O traxe tradicional confórmase a finais do século XVIII por parte dasclases populares, fronte á aristocracia e burguesía que seguían aspautas sinaladas polas modas estranxeiras. O seu desenvolvementocoincide coa Revolución Francesa, unhas das épocas máis convulsas dahistoria da humanidade, ao tempo que tamén se empeza a consolidaroutra roupa por parte das clases dominantes, a moderna, antecesorainmediata da actual, de carácter igualitario e global.
Esta evolución non foi exclusiva de Galicia, senón da maioría dasrexións peninsulares e europeas, adoptando deste xeito unha vestimenta diferenciada fronte á unificación cada vez máis intensa propiciadapolas modas e a industria téxtil.
En xeral, trátase dunha indumentaria con características de seu,confeccionada polas mulleres da casa, e as costureiras e os xastreslocais, utilizando basicamente tecidos e elementos ornamentaisautóctonos, ata que coa mellora das comunicacións empezaron a chegarde fóra, en casos de moi lonxe.
Ao longo do século XIX a convivencia entre esta roupa e a consideradamoderna, convértese nunha calada loita de clases, da que saíutriunfante a segunda, pasando por unha etapa «de transición» en que se mesturan elementos de ambas, sendo os máis representativos o pantalón e o chapeu, fronte aos tradicionais calzón e monteira.
A súa decadencia comeza a manifestarse dende mediados do século XIX,sendo xa crítica nas últimas décadas, en que se empeza a usar comofolclórica, principalmente por parte de agrupacións musicais.
Os románticos foron os primeiros e fixarse na importancia do traxepopular, un dos piares da nosa idiosincrasia, xunto coa lingua, amúsica, a arquitectura e as tradicións.