Novela ou realidade? A pregunta que moitos lectores deste libro seformularán é a mesma que sen dúbida se lle presentou milleiros deveces ó gran pintor e escritor Urbano Lugrís (A Coruña, 1908 - Vigo,l973) mentres era arrastrado polo río dunha existencia sometida a toda clase de vaivéns.
Outro caudal, de tinta e testemuños, é o quelle serviu de base a Luís Rei Núñez nesta viaxe arredor dunha figuradesmesurada coa que, ademais, consegue trazar o fresco de toda unhaépoca de penitencia e un moi veraz retrato de grupo, con mestres engramática parda, señoritos tarambainas, artistas dipsómanos, mulleresque fuman, bares de alterne, un ruso "branco" ou os cando-rososaprendices de literato... en definitiva, a fauna que opta polo exilioda bohemia cando o única vía de escape, na inacabable invernía dunréxime inxusto, consiste en contar co talento innato de Pucho Boedo,fenómeno da canción, ou de Luís Suárez, grande astro do balompémundial. En tempos de descrédito para as apostas de calado, Rei Núñezsorpréndenos construíndo unha obra que, sen deixar de serrigorosamente contemporánea, é de clara estirpe cervantina. Novela,si, mais tamén realidade. Como a vida.