Unha videochamada ía mudar a vida de Said e Sheila para sempre.Levaban semanas sen intercambiar impresións des que Said se instalaraen Suíza, onde vivía con Irina e traballaba nun laboratorio deinvestigación. Os tres amigos foran convidados a participar nainauguración dun gran centro comercial en Bambari, na África Central,o maior complexo do continente, un acontecemento global ao que iríamoita xente famosa de diferentes ámbitos. Todo o que pasou logo foialgo raro, que non era o esperado nin remotamente, para unha viaxe delecer, algo que non lles cadraba e que os obrigará a comprometerse easumir riscos.
O camiño da Estadea é a aventura final de Sheila e Said, culminando aserie futurista de temática ecolóxica iniciada hai dúas décadas conPerigo vexetal, unha saga que xa ten catro entregas anteriorespublicadas na colección Merlín de Xerais.