Xiao, un rapaz de dezaseis anos, escribe un traballo sobre xabarís coque gaña un premio convocado polo Zoolóxico de Barcelona: unha estadía de cinco semanas en Ruanda en compaña de Dian Fossey, investigadorafamosa polos seus traballos de protección e divulgación dos gorilas de montaña. Unha oportunidade única que permitirá que viva en primeirapersoa o encontro entre dúas civilizacións, a moderna Europa fronte ádescoñecida África, un mundo primitivo, cheo de segredos ancestrais,lendas e coñecementos máxicos. E neste mundo, na cerna da selva, unhas circunstancias alleas a el levarán a Xiao a descubrir cal é a esencia do medo, como se forxa a maldade e a que cheira a morte, vivenciaslímite que afrontará con Nzigui, un pigmeo co que forxará unha forteamizade.