O legado cultural da Antigüidade Grecolatina espalla a súa enormeinfluencia por todo o mundo occidental ata os nosos días e, aínda quepenetra con certas dificultades na literatura galega, é un dos máisdestacados alicerces temáticos do teatro galego dos séculos XX e XXI.Os mitos e as lendas do mundo grecolatino, os episodios históricos daépoca antiga, as ideas dos seus grandes filósofos ou as obras tráxicas e cómicas reviven nas achegas dramáticas de Manuel Lourenzo, IsaacDíaz Pardo, Millán Picouto, María Xosé Queizán, Xosé Manuel RodríguezPampín ou Luz Pozo Garza, entre outras moitas figuras de renome danosa literatura contemporánea.
Melpómene entre nós é un ensaio queafonda nas polimorfas reinterpretacións da tradición clásica a travésda ollada dos nosos dramaturgos e das nosas dramaturgas, unha obra que se constrúe sobre a análise e o comentario dunha ampla selecta detextos teatrais dende unha perspectiva filolóxica e que buscareivindicar a literatura dramática inspirada nos modelos clásicos para o canon das nosas letras.