(G).A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO

(G).A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO

$38.200
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(012).IR INDO DISTRIBUCIONS S.A
ISBN:
978-84-7680-761-3
Encuadernación:
Otros
Idioma:
Castellano
$38.200
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

A rapa das besta de Sabucedo é un evento que se celebra en Sabucedo (A Estrada) durante tres días, o primeiro sábado, domingo e lunsde xullo. En 2007 foi declarada festa de interese turísticointernacional.Xa a principios do século XVIII se teñen noticias da primeiracelebración festiva da baixa das bestas do monte, a súa posterior rapae o marcado dos poldros novos. Aínda así crese, e algúns estudososcomo Manuel Cabada recollérono nos seus libros, que a tradición émoito máis antiga e incluso podería ser prerromana posto que seatoparon diversos petróglifos na zona, onde se representan a homessobre cabalos.Antigamente o curro estaba a carón da igrexa parroquial, pero a finais do século XX mudouse a unha zona despoboada cara ao norte daaldea.En 2010 había máis de 600 cabalos -chamadas bestas as femias egarañóns os machos-, divididos en 14 mandas, que viven ceibos nunhaextensión de máis de 200 km² de monte. Esta celebración consiste, coma noutros curros, en recoller os cabalos do monte, metelos aocurro, rapalos e marcalos na actualidade con microchips.O de Sabucedo é o curro máis coñecido e presenta ademais trazospropios que o diferencian dos outros. Entre estas diferenzas a máisimportante consiste en que en Sabucedo non se utilizan cordas, paus ou aparellos para reducir ao animal. Os "aloitadores", que son osque se encargan de suxeitar a besta ou garañón namentres se procede árapa, usan tan só a súa destreza e o seu corpo para realizar oseu labor. Outra especificidade da rapa das Bestas de Sabucedo e que a "Baixa" ou actividade de xunta e condución das bestas ao lugarde Sabucedo forma parte da propia celebración e participan nela centos de persoas de Galiza e de fora do país.O sábado pola mañá, moi cedo antes de subir ao monte, celébrase unhaemotiva misa onde se pide a San Lourenzo (patrón de Sabucedo)para que non aconteza ningún accidente ou desgraza durante a festa.A rapa é realizada polos aloitadores. O acto da Rapa é asemade segundo o estudoso Manuel Cabada Castro, unha iniciación simbólica dopaso do neno á mocidade, ao agarrar por primeira vez un poldro guiadoe dirixido polos maiores.

Otros libros del autor