Sara Martí, a protagonista de En branco e negro, é unha xornalista que se nega a aceptar a realidade tal como é. Así o manifesta nos seusartigos de opinión en Coses Nostres. A través de vivencias propias ealleas, Sara vai tecendo unha historia salpicada de recordos amargos:o exterminio nazi, unha violación, a guerra dos Balcáns, o asasinatodun ser querido, as represalias do réxime ditatorial na GuineaEcuatorial despois da súa independencia, o desacougo dun amorfrustrado?
Mais non todo é negro na vida de Sara, pois, como di un dospersonaxes, recordando as palabras de Ernesto Sábato: ?O mundo estácheo de horrores, de traizóns, de envexas, desamparos, tortura exenocidios. Pero tamén de paxaros que levantan o meu ánimo candoescoito os seus cantos, na alborada, ou cando a miña vella gataadormece sobre os meus xeonllos, ou cando vexo a cor das flores, ásveces tan minúsculas que hai que observalas desde ben cerca?.