EMOCIÓNS. AS ESTRELAS DE CORES

EMOCIÓNS. AS ESTRELAS DE CORES

A ALEGRÍA

$14.549
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(164).BAIA FONDO (DEPOSITO)
Año de edición:
Temática
Libros para niños
ISBN:
978-84-9995-131-7
Páginas:
32
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Peso:
125
Dimensiones:
225x160
$14.549
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Ana e Xabier son os protagonistas desta historia, na que conseguiron averiguar que a alegría é como estrelas de cores arredor de cada un de nós.

Na casa e na escola, as persoas maiores encargadas da túa educación ensínanche a comer ben, coidar o teu corpo, ler, escribir e moitas outras cousas. Pero ás veces están tan preocupados porque aprendas tanto e teñas boas notas que lles esquece aprenderche como actuar cando tes medo, discutes coas túas amizades ou tes ganas de chorar, por exemplo. Iso chámase educación emocional e é algo moi importante nas nosas vidas, porque a forma en que nos sentimos e comportamos cos demais ten moito que ver coa felicidade (ou non é certo que es máis feliz cando estás con ese amigo ou esa amiga coa que falas dos problemas que tedes en vez de rifar?).

Os libros desta colección falan diso, dos sentimentos e as emocións: primeiro aprendendo a recoñecelas (decatarme que estou triste); a saber expresalas (dicir "quérote", "estou triste" ou "síntoo"); tamén aprendendo a autocontrolarse (pensar antes de falar ou pegar), a facer amigas e amigos; e, finalmente, a ser responsable.

Ao final do conto encontrarás unhas actividades pensadas para que poñas en práctica os teus sentimentos e emocións e aprendas a resolver só os teus conflitos.

Otros libros del autor