O capitán Samofar, famoso mergullador, paseaba tranquilamente polofondo do mar cando apareceu un feroz tiburón.
O tiburón atacou o capitán Samofar, mais un valente polbo, chamadoEmilio, salvouno meténdolle ao peixe unha rocha
na boca.Despois Emilio subiu o mergullador ata a superficie...
"Emilio" é un clásico de 1960 que narra as aventuras dun valente
e nobre pulpo. Á súa proeza salvando un mergullador do ataque
dun tiburón, seguíronlle outras fazañas como socorrista
e unha brillante colaboración cos axentes da orde para capturar
uns perigosos delincuentes. Despois da boa "Críctor" (1958)
e da canguro "Adelaida" (1959), Tomi Ungerer volve escoller
un animal pouco convencional para protagonizar unha historia
heroica, aberta ao humor e á imaxinación. Curiosamente,
dende 1990, Tomi Ungerer é presidente de honra a nivel europeo
da Sociedade para a Prevención do Maltrato Animal.