Entre abril e decembro do ano 1961 celebrouse en Xerusalén o xuízocontra Adolf Eichmann, tenente coronel da SS, encargado da expulsiónxudía entre 1938 e 1941, e logo responsable do transporte de xudeuscando se aplicou a Solución Final no 1942 baixo as ordes de ReinhardHeydrich. Hannah Arendt, que chegou aos Estados Unidos como refuxiadaxudeoalemá, asistiu ao xuízo como correspondente do periódico The NewYorker por petición propia. Tamén influíu nesta petición o seuinterese na formación e creación dos réximes totalitarios, intereseque xa se albiscaba no ano 1951 coa publicación dÆAs orixes dototalitarismo. No seu relatorio, Arendt recolle a biografía etraxectoria profesional de Eichmann e o papel que xogou no Reich, asúa detención en Arxentina en 1960 e as súas declaracións durante oxuízo, tras o cal foi sentenciado a morte e aforcado o 31 de maio de1962. A escritora descubriu un axente do mal, autor de actosobxectivamente monstruosos sen motivacións malignas específicas paraalén da súa condición de mero elo dentro da cadea xenocida do réximenazi, o que conduce a Arendt a un relatorio sobre a banalidade do mal, pristinamente personificada na figura de Adolf Eichmann.