DOCE CARTAS A MARÍA VICTORIA MORENO

DOCE CARTAS A MARÍA VICTORIA MORENO

$24.813
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
HERCULES EDICIONES
Año de edición:
ISBN:
978-84-947770-6-6
Páginas:
144
Encuadernación:
Otros
Idioma:
Castellano
$24.813
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Doce cartas a María Victoria Moreno (da autora Ánxela Gracián) é unhabiografía novelada narrada por un dos seus personaxes máisentrañables, o lobo Garimoso, ese que no seu libro Mar adiante pasavarias noites coa nena Mariquiña sen papala porque ela o soñoubondadoso, por primeira vez dende que el ten memoria, e quen sabe separa sempre!Fascinado por esa nova vida de lobo que non se ve na obriga de comercarapuchiñas, Garimoso inicia a lectura de todos os libros de MaríaVictoria Moreno, tanto os escritos por ela como os que sobre ela seescribiron e, logo do mergullo nesa lectura fascinante, decidemandarlle estas doce cartas nas que percorre a vida e obra destainteresante escritora galega a pesar de nacer en Estremadura. Así,rememoraremos a súa infancia como paraíso perdido, as vivencias damocidade e as aspiracións desta estapa, a súa concepción da docenciana que defende un ensino responsable e respectuoso que introduce osafectos na aula, así como os gustos e as inclinacións, as lecturas, os gozos, a lealdade eterna aos amigos e aos mestres -aos de de papel eos de carne e óso-, a teimosía, o sentido épico da vida e, finalmente, a escrita como único exorcismo ante a dor de sabernosperecedoiros.Partindo dunha documentación verificable e de feitos efectivamenteacontecidos nun tempo e nun espazo, o libro achéganos ?cunha narración áxil e imaxinativa na que destacan os diálogos divertidos queatraerán ao público infanto-xuvenil? á vida auténtica e ao legadoliterario da escritora María Victoria Moreno, galega de sentimento ede adopción dende que veu vivir a Galicia a mediados dos anos 60 easumiu a súa lingua como propia, sendo o galego dende entón a linguacoa que falou co mundo e contribuíndo co seu traballo incansable áconsolidación da literatura e a cultura de noso.

Doce cartas a María Victoria Moreno (da autora Ánxela Gracián) é unhabiografía novelada narrada por un dos seus personaxes máisentrañables, o lobo Garimoso, ese que no seu libro Mar adiante pasavarias noites coa nena Mariquiña sen papala porque ela o soñoubondadoso, por primeira vez dende que el ten memoria, e quen sabe separa sempre!

Fascinado por esa nova vida de lobo que non se ve na obriga de comercarapuchiñas, Garimoso inicia a lectura de todos os libros de MaríaVictoria Moreno, tanto os escritos por ela como os que sobre ela seescribiron e, logo do mergullo nesa lectura fascinante, decidemandarlle estas doce cartas nas que percorre a vida e obra destainteresante escritora galega a pesar de nacer en Estremadura. Así,rememoraremos a súa infancia como paraíso perdido, as vivencias damocidade e as aspiracións desta estapa, a súa concepción da docenciana que defende un ensino responsable e respectuoso que introduce osafectos na aula, así como os gustos e as inclinacións, as lecturas, os gozos, a lealdade eterna aos amigos e aos mestres -aos de de papel eos de carne e óso-, a teimosía, o sentido épico da vida e, finalmente, a escrita como único exorcismo ante a dor de sabernosperecedoiros.

Partindo dunha documentación verificable e de feitos efectivamenteacontecidos nun tempo e nun espazo, o libro achéganos ?cunha narración áxil e imaxinativa na que destacan os diálogos divertidos queatraerán ao público infanto-xuvenil? á vida auténtica e ao legadoliterario da escritora María Victoria Moreno, galega de sentimento ede adopción dende que veu vivir a Galicia a mediados dos anos 60 easumiu a súa lingua como propia, sendo o galego dende entón a linguacoa que falou co mundo e contribuíndo co seu traballo incansable áconsolidación da literatura e a cultura de noso.

Otros libros del autor