NUÑEZ SEIXAS, XOSE MANUEL / SOUTELO VAZQUEZ, RAUL
Premio Manuel Murguía da Deputación da Coruña no ano 2003, As cartasdo destino é un traballo de investigación histórica desenvolvido porXosé M. Nuñez Seixas e Raúl Soutelo a partir da correspondenciamantida ao longo de cincuenta anos polos membros dunha familia deemigrantes galegos en América. A voz dos outras veces protagonistasanónimos da historia chega agora aos lectores e lectoras de maneiradirecta a través das cartas que se inclúen no libro que editorialGalaxia publica na colección Memoria. Entre América e Galiciacircularon durante medio século as cartas da familia Naveiras,orixinarios da parroquia de Ferreira, no concello ferrolterrán de SanSadurniño. As angueiras e arelas destes galegos que marcharontraballar alén mar quedaron así fixadas por escrito. As cartas dodestino recolle unha correspondencia de máis de duascentas cartaspara, a partir delas, os historiadores Xosé M. Seixas e Raúl Souteloreconstruíren a historia dunha vida. Mediante a investigación feitapolos autores do libro, o lector ou lectora pode compartir unhaexperiencia semellante a dos centos de milleiros de galegos queatravesaron o Atlántico, ao tempo que ten acceso directo ao testemuñodaqueles que nunca deixarán de pensar na súa terra. As dificultades da vida cotiá, profesional e familiar, as relacións entre os galegosemigrados e as destes cos que permaneceron en Galicia, oasociacionismo como xeito de recrear os vencellos sociais da terra deorixe e o constante afán por axudar ao progreso de Galicia coaconstrución de escolas e axuda económica, quedan reflectidas nun libro no que os auténticos protagonistas falan en por si.