Acaso a variedade temática, a capacidade para producirse en diferentes rexistros estilísticos, constitúan un dos apartados fundamentais nahora de caracterizar a poesía de Ramón Cabanillas. Poeta combativo edenunciador das inxustizas, ao pé dos movementos agrarios, unhasveces, recreador dos vellos mitos artúricos e bretóns, autras,ardoroso paladín lírico do nacionalismo das Irmandades da Fala...Arosa de cen follas -publicada por vez primeira en 1927- móstranosoutro dos Cabanillas posibles, desta volta, o poeta autor de delicadas composicións de amor, que lembra a Rosalía -un verso dela dá título á obra do cambadés-, a Bécquer ou aínda a Heine. Un Cabanillasromántico, e preocupado por unha depuración de sinxeleza formal, xorde a través deste breve poemario: un exemplo máis de que nos atopamosdiante dun dos mellores líricos galegos de sempre.