O autor desta historia rescata a antiga lenda de Guillerme Tell, unheroe cuxa vida servirá de exemplo para que o protagonista do relatoadquira os valores éticos esenciais para enfrontarse á vida adulta. Oprotagonista desta historia, un neno de nove anos, pasa as vacaciónsdo verán cos seus avós en Altdorf que, segundo a lenda, é a cidade deGuillerme Tell. O avó do rapaz relátalle a historia deste heroe e esta narración ramifícase en moitas historias secundarias que profundan no acervo cultural da xente do campo e que, á súa vez, nun dispendio deimaxinación, lle dan cor ao libro.